Albergues Movic é un proxecto de creación multidisciplinar na cidade, a partir de estancias creativas de xoves creadores de toda España, promovido pola Red Española de Albergues Juveniles (Reaj)
Trátase dun programa de estancias creativas en distintos albergues destinado a menores de 35 anos de tódalas Comunidades Autónomas. Durante 15 días, 10 artistas seleccionados de diferentes disciplinas realizan unha intervención no Albergue e o seu entorno.
A finalidade desta actividade é promocionar e estimular a creación artística da xente nova dentro dos parámetros do arte actual. O abano de disciplinas artísticas polas que se poden inscribir é moi amplo: pintura, escultura, debuxo, fotografía, vídeo, graffiti, instalación, danza, videoarte, arte urbano, arte electrónico, performance, música ou calquera outra tendencia de actualidade. Os proxectos terán necesariamente que integrar a identidade de cada territorio, a viaxe e o albergue como outra maneira de viaxar.
O Programa de Movilidad Creativa en Albergues comezou este ano o seu recorrido por cidades do territorio nacional (Zaragoza, Lugo, Miranda del Ebro, Vic...) Se tes algunha aficción artística ou queres adicarte no futuro a unha disciplina artística, estate atento a vindeiras convocatorias e participa en MOVIC.
Infórmate na páxina de Xuventude (http://xuventude.xunta.es/), no facebook de MOVIC (http://www.facebook.com/alberguesMOVIC) e na páxina da REAJ (http://www.reaj.com)
Por Ilda Luaces Torre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario