Máis de trinta profesionais do mundo do ensino e dos servizos sociais están a participar nun curso-obradoiro sobre igualdade de xénero celebrado no IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Este grupo, integrado concretamente por 35 persoas chegadas dos concellos de A Veiga, Vilariño de Conso, Verín, A gudiña e Viana, vén de desenvolver, o pasado día 13 de decembro, a segunda xornada do cursiño. Outro grupo de características similares, está a traballar os mesmos contidos de forma paralela no IES San Rosendo, de Mondoñedo (Lugo).
Estes dous talleres, nos que se reflexiona, entre outros, sobre aspectos relacionados cos roles de xénero tan importantes como o sistema sexo - xénero, a relación igualdade formal - igualdade real ou os modelos educativos, están organizados por InteRed Galicia, subvencionados pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia e contan coa colaboración do CFR de Burela-Lugo, do CFR de Ourense e da USC.
Saber máis
Ver máis fotos
Saber máis
Ver máis fotos
Ningún comentario:
Publicar un comentario