luns, 31 de xaneiro de 2011

Día da Paz 2011

Carlos Ferreiro González, Viana do Bolo. Hoxe luns, 31 de xaneiro, o IES Carlos Casares, xunto co CEIP Bibei de Viana do Bolo, conmemorou o Día da Paz cunha serie de actos que tiveron lugar tanto no Instituto como na Casa da Cultura. Dende as 10 da mañá o alumnado de 1º e 2º da ESO reuniuse cos compañeiros de 5º e 6º de Primaria na Aula da Cultura vianesa para a proxección da película A guerra dos botóns (1962). Tras o visionado, debatíronse aspectos como a esencia dos conflitos, a violencia como elemento desterrable para a solución de diferenzas, a educación autoritaria e o diálogo, a prevención do sexismo e as desigualdades sociais como foco de enfrontamento. O acto foi coordinado por Susana Fernández, e serviu para difundir a labor do noso equipo de Mediación que, por outra banda, pasa a xornada informando aos distintos cursos da ESO e Bacharelato da súa función. O colofón do acto foi a interpretación por parte de alumnado e profesorado da canción "A muralla", do grupo chileno Quilapayún, e letra do poeta cubano Nicolás Guillén, realizada no exterior da Casa da Cultura, e que foi posible gracias ao apoio e o traballo "paciente" nos ensaios da profesora de Música Ilda Luaces.

sábado, 29 de xaneiro de 2011

Ansemil: compañeiro, profe e amigo

Equipo de redacción O Choupín. Colle forte o timón, que as velas xa empezan a estar tensas. O vento vianés levaráte rápido e seguro a bo porto. Aquí tes, baixo estas liñas, para o camiño.


Videos realizados respectivamente por alumnado 4º ESO B, 1º BACHARELATO e Monse Ulloa.

venres, 28 de xaneiro de 2011

Campo a través

Eduardo Sagüillo Tejerina, Viana do Bolo. Los alumnos de 2º de la ESO Damián Anta Fernández (5º), Marcos García Pérez (9º), Bruno López García (11º) y Jonathan Rodríguez Bermúdez (26º) consigieron el tercer puesto en la fase zonal de campo a través disputada en Tintores (Verin) el 26/01/2011 en la categoria de cadete masculino (grupos), obteniendo así el pase a la final provincial a disputarse en el complejo Monterrei de Ourense el 19/02/2011. Además, Damian logró la clasificación individual con su 5º puesto.

mércores, 26 de xaneiro de 2011

2ª Semana da Orientación

IES Carlos Casares, Dpto. de Orientación. Achégase unha nova cita, a segunda consecutiva, coa Semana da Orientación no IES Carlos Casares. Desta volta, durante os días 7, 8 e 9 de febreiro (con ponencias adicadas respectivamente ao alumnado de Bacharelato, da ESO e ás familas) e terá continuidade no mes de abril. Accede ao programa completo facendo clic aquí.

martes, 25 de xaneiro de 2011

Compañeiros de ruta

IES Carlos Casares, Vicedirección. Esta mañá recibimos a noticia de que o noso alumnado de 3º e 4º da ESO que desfrutarán da actividade Rutas Literarias "Poetas del 27", en Andalucía do 29 de maio ao 4 de xuño compartirán esa estadía coas compañeiras e compañeiros do IES ABYLA de Ceuta. Será unha oportunidade excepcional de intercambiar experiencias e amizade con cidadáns dun área do estado ben diferente da nosa no aspecto xeográfico, lingüístico e cultural. Polo tanto estamos xa ansiosos por coñecer aos nosos amigos e amigas da outra beira do estreito...


Obradoiro parlamentario

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Como xa anticipamos nestas páxinas, a prevención de desigualdades de xénero foi o motivo central da actividade que tipo lugar hoxe no noso centro, na que dúas deputadas e un deputado do Paralmento Galego, axudaron a levar a cabo unha xornada "lexislativa" nas aulas. O alumnado da ESO redactou, debatiu e aprobou unha serie de medidas que aseguren a igualdade efectiva no nosa a ctividade académica cotiá.

Ver máis fotos

Mais tarde, o alumnado de Bacharelato e 1º da ESO, participou nunha sesión de 45 minutos de preguntas aos tres representantes sobre cuestións de interese da vida política. Desde aquí valoramos o privilexio de poder contar esta mañá con tres persoeiros de excepción nun centro educativo. Grazas, pois, a Cristina Romero, do PP, Mª do Carme Acuña, do PSdG-PSOE e Alfredo Suárez Canal, do BNG, e ex-profesor, ademáis, deste centro.

Ver noticia noutros medios: 1 - 2

martes, 18 de xaneiro de 2011

O Parlamento de Galicia no Instituto

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. O IES Carlos Casares ten como elemento de referencia na súa práctica educativa a loita pola igualdade entre homes e mulleres e a Coeducación. Desde este plantexamento, actualmente, o centro leva a cabo dúas actividades de especial interese:


1ª: Desenvolvemento dun curso de Educación Inclusiva, coordinado pola ONG Interred, ao que asisten un total de 33 docentes do noso instituto, e tamén do CEIP Bibei vianés o CEIP San Martiño de Vilariño de Conso, o CEIP Ávila Bustillo de A Veiga, e o CPI Laureano Prieto, de A Gudiña.

2ª: Nunha liña semellante, o centro desenvolverá un obradoiro o vindeiro martes 25 de xaneiro, titulado O Parlamento de Galicia no Instituto. Dous deputados e unha deputada da Cámara Autonómica, desenvolverán esta actividade na que o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, ao longo de máis de dúas horas seguirán, en comisión, e máis tarde, en pleno, o proceso de elaboración, debate e aprobación dunha lei. Neste caso, o tema elixido, en concordancia coa traxectoria marcada polo noso claustro será unha lei de protección contra as desigualdades de xénero, que unha vez aprobada, será incorporada ao noso Regulamento de Réxime Interno, tras pasar polo Consello Escolar.

xoves, 13 de xaneiro de 2011

"Rutas Literarias" en Andalucía

Siempre, Vicente Aleixandre (Mar Sáez)
IES Carlos Casares, Vicedirección. A Xunta de Galicia acaba de publicar a proposta de resolución para participar no programa do Ministerio de Educación "Rutas Literarias". O IES Carlos Casares de Viana do Bolo ten sido seleccionado como o centro da provincia de Ourense que vai participar. A selección tense feito en base a un proxecto presentado polos profesores do departamento de Lingua Castelá e Literatura, Telmo de Paz e Carlos Ferreiro. 24 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO realizarán unha viaxe literaria por Andalucia, do 28 de maio ao 4 de xuño de 2011. Visitarán diferentes lugares relacionados con escritores como Cernuda (Sevilla), Alberti (Puerto de Santa María, Cádiz), Vicente Aleixandre (Malaga) e Federico García Lorca (Granada). É a segunda vez que o centro participa nesta actividade educativa. A última vez realizouse a Ruta Literaria por Navarra.

Enlace á resolución: http://www.edu.xunta.es/web/node/1937
Imaxe: http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

mércores, 12 de xaneiro de 2011

Aplicación da lei antitabaco no IES Carlos Casares

IES Carlos Casares, Dirección. Tendo en conta a Lei 42/2010 (BOE, 31 de decembbro de 2010), lembramos:

1. NON SE PODE FUMAR en ningún lugar do interior do instituto, nin do patio. Inclúense baños, cafeteria ou calquera lugar do exterior. (Segue como xa estaba antes desta lei).
2. NON SE PODE FUMAR na acera que está diante da fachada do instituto, incluida a caseta. É preciso cruzar á outra beirarúa. Esta norma non só afecta ao alumnado, senón a calquera cidadán que pase por diante do instituto.

Prégase aos fumadores e fumadoras que logo de fumar se aseguren de apagar o cigarro e de non deixalo no chan (depositalo nunha papeleira).

En calquera caso, como centro educativo, recomendamos non fumar polas graves consecuencias que ten sobre a saúde das persoas, sendo un hábito relacionada coa morte prematura de moitas persoas cada ano.

A dirección do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Enlace á lei: http://boe.es/boe/dias/2010/12/31/pdfs/BOE-A-2010-20138.pdf

xoves, 6 de xaneiro de 2011

Festival de Teatro de Nadal

Ovidio Villar, Becerreá. Facendo clic aquí podes acceder ás fotos de J. Fouz do Festival de Teatro de Nadal 2010 do IES Carlos Casares de Viana.