Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Durante as xornadas de hoxe 24 e mañá 25 de maio, temos a oportunidade moi especial no IES Carlos Casares de contar con tres invitados brasileiros que nos van a achegar dun xeito completo a unha panorámica da historia, cultura, música, desenvolvemento científico e industrial e ao cinema dese xigante do Cono Sur que é o Brasil.
Momento na aula de música (Fotografía: Ovidio Villar) |
As actividades serán impartidas por Leandro Pereira, profesor na Universidade de Lisboa e Doutor pola Universidade de Sao Paulo, a psicóloga Mariluci Vieira, e o estudante de Historia da Universidade do Estado de Rio de Janeiro, Thiago Bastos.
Cun grupo nun corredor (Fotografía: Luis Calvo) |
Xunto a Carlos Casares (Fotografía: Luis Calvo) |
A actividade inicial tivo lugar na aula de Música para o alumnado de 4º da ESO, cun obradoiro sobre o "Panorama da música brasileira actual", na que se falou dos ritmos máis coñecidos do país carioca, samba, bossa nova, pero tamén do rock e pop actuais, da capoeira como disciplina deportivo-musical, e insistiuse na riqueza e na variedade das manifestacións culturais e musicais brasileiras, alén do tópico da samba e o Carnaval. Máis tarde, Thiago Bastos disertou, nas materias de Historia de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, sobre o tema: "Migracións de ida e volta". Por último, Leandro e Mariluci, organizaron unha dinámica para 1º e 2º de ESO acerca de "A lingua galego-portuguesa no Brasil", con referenzas a contos tradicionais infantís.
Na Aula Xesús R. Jares (Fotografías: Ovidio Villar) |
Probablemente sexa esta a actividade adicada a un país máis completa nos últimos cursos, polo que agradecemos o esforzo que os invitados fixeron por vir a coñecernos e difundir a cultura do seu país desde Lisboa e Jaén, respectivamente. Hoxe estamos máis cerca, pois, do Brasil e sabemos quie é moito máis que samba e fútbol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario