Loito no IES Carslos Casares de Viana por Richard Oliveira
Lamentablemente a noticia que se temía chegou. O mar devolveu o corpo de Richard Oliveira da Silva na mañá do sábado 28 de maio de 2011. Afogou o luns na praia de Zarauz, en Euskadi, cando se tiña desplazado alí desde Pamplona, onde vivía na actualidade. Richard naceu en Santos, unha cidade costeira de Sao Paulo, en Brasil. Compartiu con nós varios anos de estudo, na ESO, e no Programa de Cualificación Profesional Inicial. O último ano da ESO, Carolina a súa interprete, axudouno a que a súa xordeira non fose un atranco e, co seu esforzo e superación, chegou á meta. Richard foi e será un membro recordado da comunidade educativa do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.
En sinal de loito as bandeiras exteriores do instituto ondearán a media asta durante catro días e, no interior, a súa bandeira brasileira acompañará a súa foto con crespón negro. O luns 30 de maio, ás 13:00, gardaremos un minuto de silencio en lembranza de Richard.
Descansa en paz e grazas por compartir con nós parte da túa vida.
Enlace de prensa: http://www.laregion.es/noticia/156199/aparece/cadaver/alumno/viana/

Ningún comentario:
Publicar un comentario