venres, 10 de xuño de 2011

III Feira das ciencias

Ovidio Villar, Viana do Bolo. Hoxe celebrouse no IES Carlos Casares a terceira edición da nosa cita anual coa ciencia. Da man de diversos grupos de alumnado da ESO e do BAC, soubemos de reaccións químicas, presión hidrostática, anatomía, eficiencia lumínica ou pigmentación.

Creando materia con clorhídrico e amoniaco

Os "stands", colocados nos corredores interiores do IES e no corredor anexo ao patio, comezaron a recibir visitantes a partires das 10 horas, e sendo case a hora do xantar aínda había quen quería ver repetido algún dos interesantes experimentos.

Tamén este venres tivemos uns visitantes especiais: o alumnado e profesorado do último curso de primaria dos colexios de Viana, A Veiga e Vilariño que, ademais de ver a exposición desta III Feira das Ciencias, aproveitaron para coñecer o centro do que participarán en breve.

Ningún comentario:

Publicar un comentario