mércores, 15 de xuño de 2011

Intercambio co IES Agra de Orzán (A Coruña)

Liliana Carro, Viana do Bolo. Os pasados días 2 e 3 de xuño estiveron connosco un grupo de 1º da ESO do instituto Agra de Orzán, na Coruña, de intercambio lingüístico e para compartir experiencias co noso grupo de 1º da ESO.












O primeiro día recibímolos no noso instituto, ensinámoslles o centro e presentámonos, despois comemos todos xuntos no comedor. Pola tarde achegámonos á morrena glaciar de Chaguazoso, onde subimos ata arriba de todo polas pedras, e ao museo etnográfico de Vilariño de Conso; pasamos unha tarde divertida coñecendo nova xente.
O venres regresaron ao instituto e fixemos unha pequena sesión de teatro, baile e contos, antes de saír ao patio e xogar un pouco. Despois de comer de novo no comedor marcharon, e despedímonos deles ata o ano que vén, cando será aos alumnos e alumnas de Viana a quen lles toque ir aló.

Ningún comentario:

Publicar un comentario