Bubal (Huesca) 22/05/2011-28/05/2011 3ºESO
Nuria Basteiro e Francisco Basalo, Bubal. É difícil describir esta excursión. A verdade... foi unha semana inolvidable... Pero non inolvidable coma a final dunha copa de fútbol ou o día no que te atopas ó teu actor favorito pola rúa... Non. Inolvidable de verdade, un deses recordos que sabes que por moitos anos que pasen ou por moito que as cousas cambien sempre che sacarán un sorriso.
Panorámica de Bubal |
Lembraremos unha semana na que nos dous primeiros días se aveciñaba moi longa e que finalmente resultou ser demasiado curta. Unha semana na que o pasamos xenial e convivimos con xente nova nun entorno rural, no corazón do Val de Tena, rodeados por enormes montañas.
Por unha parte esta experiencia serviunos para coñecer un modo de vida pasada e revivirmos anos e anos da historia de Bubal e dos pobos dos Pirineos en xeral así como das suas xentes. Pero por outra parte ensinounos a convivir como adultos facendo tareas domésticas ou aprendendo a cooperar en traballos como a construción, cortar a leña ou arranxar valados...
Tamén puidemos disfrutar do noso tempo libre en diversas actividades coma xogar o fútbol, o Pim-Pom, o futbolín, as cartas, escoitar música ou simplemente dar un paseo polos escuros e á vez máxicos camiños do pobo.
Persoalmente cremos que esta estancia en Bubal nos enriqueceu e nos fixo madurar como persoas.
É preciso tamén recoñecer a profesionalidade de todos e cada un dos monitores e monitoras así como o resto do personal responsable de que esta actividade funcione tan ben como o está a facer. Grazas.
Galería completa de imaxes (clic aquí)
Coñece máis de Bubal: pdf sobre Bubal
Ningún comentario:
Publicar un comentario