luns, 19 de decembro de 2011

Congreso Estatal de Convivencia Escolar e Jaén

Luis Crende e Carlos Ferreiro, profesores do IES Carlos Casares tivemos a fortuna de poder representar ao noso centro no Congreso Estatal de Convivencia Escolar, que se celebra en Jaén  os días 15, 16 e 17 de decembro. Neste Congreso estanse a debater e presentar experiencias de toda España con respecto a temáticas como a Educación para a Paz, a Cooperación para o Desenvolvemento, a Mediación Escolar, o Voluntariado, etc. A nosa aportación consiste nunha comunicación que figurará nas Actas do Congreso titulada "La senda de la convivencia del IES Carlos Casares", asinada polos catro membros do actual equipo directivo, que recollen ademais o sentir, o esforzo e o traballo de moitos compañeiros do instituto actuais e pasados. Todos estades pois, representados en Jaén.

L. Crende e C. Ferreiro con Manuel Dios, Presidente do Seminario Galego de Educación pola Paz

Ningún comentario:

Publicar un comentario