No primeiro día de clase de 2012 tivemos unha grata visita. Un antigo aluno do centro, Jorge López Carracedo, estivo co alumnado de 3º de ESO B falando dos incendios forestais, das súas causas e das consecuencias que teñen para a economía, o medio natural, a paisaxe e as vidas humanas de bisbarras tan afectadas como a nosa, que o pasado outono estivo fortemente castigadas por incendios, a maioría orixinados por humanos que practican condutas bastante alonxadas da intelixencia que debería de caracterizar á nosa especie. O alumnado fixo diferentes preguntas e, neste mesmo curso, realizará diferentes actividades coa axuda deste vianés, actualmente alumno da Universidade de Brno (Chequia).
Jorge López foi aluno do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Xustamente en 3º de ESO, alá polo ano 2001, gañou o Primeiro Premio de Investigación Científica para Escolares da Casa das Ciencias de A Coruña, pola investigación sobre os motivos que levaban a que o pan bendito na festa do Pai Eterno de Quintela de Humoso (Viana do Bolo) non se estragase. Estuda Enxeñaría de Montes no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, estudos que remata ahora en Chequía cunha bolsa ERASMUS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario