Pepe Viyuela con Iván, Susana e Carmen |
sábado, 28 de abril de 2012
Inicio SAME-CME en Madrid
venres, 27 de abril de 2012
Trofeo deportivo para Diego Carreira
Diego, de pe terceiro pola esquerda (Imaxe: AS Barval FS) |
mércores, 25 de abril de 2012
Gañadora vianesa do Preguntoiro Científico
Noelia Meléndez, gañadora da 3ª edición do certame
Miguel Arranz | O premio á terceira edición do Preguntoiro Científico, concurso convocado por EducaBarrié, foi para Viana do Bolo da man de Noelia Meléndez García, que cursa 2º da ESO no IES Carlos Casares. Parabéns, Noelia!
Link na páxina oficial do certame
Miguel Arranz | O premio á terceira edición do Preguntoiro Científico, concurso convocado por EducaBarrié, foi para Viana do Bolo da man de Noelia Meléndez García, que cursa 2º da ESO no IES Carlos Casares. Parabéns, Noelia!
Link na páxina oficial do certame
martes, 24 de abril de 2012
Campaña Mundial pola Educación
Luis Fernández | A Semana Mundial pola Educación 2012 (SAME- CME) arrancou hoxe
en Santiago de Compostela coa presenza do conselleiro de Cultura e
Educación, Jesús Vazquez Abad. Este ano, novamente participará o IES
Carlos Casares de Viana, que se encargará de realizar, con Prescolar na Casa,
o acto central na provincia de Ourense, o venres 4 de maio. No enlace
seguinte podemos ter máis información do acto de hoxe en Compostela.
http://www.edu.xunta.es/web/node/4617
http://www.edu.xunta.es/web/node/4617
Congreso de educadores
O IES Carlos Casares está a ser
representado nunha Visita de Estudio organizada pola Unión Europea na
cidade báltica de Parnü (Estonia). O Vicedirector, Carlos Ferreiro
González participa nun intercambio de experiencias educativas, xunto a
outros 13 especialistas de toda Europa, que traballarán desde o luns 23
ao venres 27 deste mes de abril, en aspectos relativos aos procesos de
mellora de rendemento de cada centro e cada país, e no proceso de
formación do profesorado.
Carlos Ferreiro, terceiro pola dereita, durante unha das sesións de traballo |
sábado, 21 de abril de 2012
Letras Galegas 2012
Paz Andrade |
Montse Rei | Este ano 2012 o Día das Letras dedícaselle a Valentín Paz Andrade, personaxe que, de seguro, é un gran descoñecido para moitos dos galegos e galegas. Por iso che colgamos aquí uns enlaces moi interesantes e diversos coa finalidade de racharmos con ese olvido en que está sumida a figura de Paz Andrade. Pincha neles e adéntrate na vida, obra e época dun persoeiro da nosa cultura, economía e política.
venres, 20 de abril de 2012
Mediación en Ribas de Sil
Luis Fernández | O IES Carlos Casares de Viana impartiu un curso de achegamento á
mediación escolar, no Concello de Ribas do Sil (Lugo). Tivo lugar, na
Casa do Concello, os días 20 e 21 de abril e participaron unha ducia de
persoas entre alumnado dos últimos cursos de primaria do colexio da
vila, familias e persoal do concello.
xoves, 19 de abril de 2012
Claustro e Consello Escolar do día 18
No Claustro e no Consello Escolar, do 18 de abril de 2012 foi aprobado, por unanimidade, o Proxecto Lingüístico do centro. No seguinte enlace podes consultalo:
Tamén polos mesmos órganos do centro quedou aprobado, por unanimidade, o logotipo do Instituto de
Educación de Secundaria Carlos Casares de Viana do Bolo. O autor do logo
foi o profesor José Pedro Fouz Hernández, do Departamento de Educación
Plastica do centro.
martes, 17 de abril de 2012
Fallo V Premios Estrategia NAOS
O grupo de teatro do IES vianés, Talía teatro, recibe un accésit neste certame nacional
Link á nova na páxina oficial
Link á nova en La Región
Link ao blog de teatro Talía
Memoria e anexo
Resolución BOE
Teatro con sombras |
Qué agradable é dar novas coma esta. Compartimos a felicidade do Carlos Casares e en particular do grupo de teatro Talía. Parabéns polo premio obtido grazas ao proxecto "Trastornos alimentarios con teatro de sombras", dentro do apartado Alimentación Saudable no Ámbito Escolar.
Link á nova na páxina oficial
Link á nova en La Región
Link ao blog de teatro Talía
Memoria e anexo
Resolución BOE
Convivencia en Ribeira
O IES Carlos Casares de Viana participou nunha sesión de formación do profesorado dun grupo de traballo sobre convivencia no IES Leliadoura de Ribeira (A Coruña), o pasado luns 16 de abril. Durante dúas horas demos un repaso á senda da convivencia do centro, incidindo nos tres eixos da mediación escolar, o voluntariado e a cooperación internacional e educación para o desenvolvemento.
Ecosistemas
José M. Martínez, Andrea Pérez | Esta semana, o alumnado de 4º de PDC do IES Carlos Casares de Viana estivemos a realizar un mural dos ecosistemas terrestres e acuáticos da zona. Recortes de letras do xornal para facer os titulares e debuxos persoais en folios para as imaxes dos animais e plantas de cada ecosistema.
De esquerda a dereita: Andrea, José M., Brais, Roberto, Jonathan e Alex durante a realización do mural |
luns, 16 de abril de 2012
Fotografía Matemática 2012
Ovidio Villar | Onte 15 de abril remataba o prazo para o envío de instantáneas ao certame 12.FM de fotografía matemática convocado polo Departamento de Matemáticas do Carlos Casares. No seguinte enlace poden verse as imaxes que entran a concurso nesta edición do concurso. As votacións para o Premio Especial do Público poderán realizarse a través deste blog, do 23 ao 30 de abril, sen máis que facer clic aquí. O fallo do xurado publicarase nesta mesma revista o 15 de maio. Sorte!
domingo, 15 de abril de 2012
Mostra do ensino Galicia 2012
Formación e competencias na nova sociedade. A Coruña.
J. Fouz | As TICs no ensino.
Congreso. Conferencias e obradoiros para profesorado sobre innovación metodolóxica e tecnolóxica no ensino.
Motivación e TICs.
Redes sociais na educación.
Redeiras. Rede social da Conselleria edu.
Integración das TICs na práctica docente.
Obradoiros: 5 a escoller sesión tarde.
J. Fouz | As TICs no ensino.
Congreso. Conferencias e obradoiros para profesorado sobre innovación metodolóxica e tecnolóxica no ensino.
Motivación e TICs.
Redes sociais na educación.
Redeiras. Rede social da Conselleria edu.
Integración das TICs na práctica docente.
Obradoiros: 5 a escoller sesión tarde.
xoves, 12 de abril de 2012
mércores, 11 de abril de 2012
Taller de RCP
Viana, Carlos F. | Nesta mañá do 11 de abril, o alumnado de 3º e 4º de ESO tiveron a ocasión, co gallo do Día Mundial da Saúde, de recibir formación de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) a cargo de Alejandra Cid e Leo, da Cruz Vermella de Verín e A Gudiña, no que é xa unha colaboración habitual de este organismo co noso centro. A sesión tivo unha duración de 2 horas para 3º e unha hora de repaso para 4º, e trata de artellar unha competencia que pode salvar vidas e axudar a consolidar a responsabilidade persoal na Educación para a Saúde. Grazas, polo tanto á Cruz Vermella, que continuará a colaborar con nós, nestas e noutras actividades.
Un momento da fase práctica |
Entrega dos premios do Campionato de "ra"
Viana, Carlos F. | No primeiro recreo deste 11 de abril, foi entregado o premio á parella campeona do I Torneo de Xogo da Rá do IES Carlos Casares, organizado polo Departamento de Educación Física e enmarcado dentro do Grupo de Traballo pola Coeducación, , do que forman parte varios profesores e profesoras do centro e que trata de fomentar xogos non sexistas e con participación mixta . Entregaron o premio Susana Fernández, Secretaria do centro, e Pablo Cuervo, profesor de EF. OS gañadores foron Iris Martínez e Axel Villasante, de 1º de ESO, que se mostraron intratables durante todo o torneo, sen perder unha soa partida. Noraboa aos gañadores...
Susana entrega o premio a Axel, e Pablo fai o propio con Iris |
domingo, 1 de abril de 2012
Portugal 2012
José María Pérez | Os alumnos de bacharelato do noso instituto chegaron hoxe sábado de volta da viaxe de fin de curso, na que foron acompañados de Bieito, Carlos e Jose. A cargo de todos nós na estrada estivo Alfonso, que nos acompañou tamén en diversos momentos da saída didáctica. Todos chegamos a casa cansados, pero felices de ter convivido uns días en Portugal e de coñecer mellor este país e as súas xentes.
Foto de grupo (clic aquí para ver a galería completa) |
Saímos de Viana o mércores á mañá, facendo a nosa primeira parada para visitar Coímbra. Nesta bela cidade puidemos disfrutar das súas facultades, que visitamos, e do ambiente universitario que se respira na beira do Mondego. Despois encamiñámonos a Lisboa, chegando xa de noite á capital e aloxámonos no noso albergue, onde fomos tratados con gran amabilidade desde o principio. A pousada estaba situada en Almada, xusto despois de atravesar a ponte 25 de abril sobre o río Tejo. Unha das cousas que máis nos sorprendeu agradablemente a todos foi poder admirar desde o balcón das habitacións a saída da lúa sobre a desembocadura do río e sobre Lisboa.