luns, 28 de maio de 2012

A dirección do IES Carlos Casares de Viana participou hoxe no Observatorio Provincial da Convivencia

Está mañá tivo lugar na Xefatura Territorial de Ourense, da Consellería de Educación, a reunión do Observatorio Provincial da Convivencia. Este órgano ten como obxectivo analizar o clima de convivencia en todos os centros educativos da provincia e realizar propostas ao Observatorio Galego. Pertencen a el as xefaturas provinciais de Educación, Sanidade e Presidencia, o responsable de trastornos de conduta do equipo de orientación específico, un representante do centro de formación do profesorado, un representante dos Concellos, a inspección educativa e un representante das direccións dos centros educativos de primaria e secundaria que formen parte da Xunta Provincial de Directores, que corresponde, este ano, ao IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

A existencia do observatorio foi moi valorada entre os e as asistentes. Ademais, cos datos analizados, comprobouse que o nivel de conflitividades nas aulas da provincia de Ourense son baixas. A función das aulas de convivencia, os servizos de mediación ou a importancia do traballo conxunto cos servizos sociais dos concellos son temas que foron tratados na reunión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario