xoves, 7 de xuño de 2012

Visita a Quiroga

Christian Martínez Antón | O día 5 de xuño de 2012 saiamos do centro os alumnos  de 1º de BAC do bacherelato de ciencias en dirección a Quiroga onde nos esperaba o noso director Luis para ensinarnos a súa vila e levarnos ao museo desa localidade.





No museo o noso profesor David explicounos un pouco por riba a exposición porque o guía local estaba atendendo ao Presidente da Xunta na inauguración do pregamento que con posterioridade visitamos logo dunha viaxe curta pero divertida cos nosos profesores David e Jesús, e cun tránsito interminable de coches das forzas de seguridade. Ao chegar sacamos unhas fotos ó lado da placa que o señor Feijoo ensinara minutos antes. Despois de ver o pregamento e falar un pouco sobre el montamos nos coches dirección a Montefurado, para obsevar a gran obra de enxeñería: un túnel baixo a dura montaña para desviar o cauce do río deixando así para o seu descubremento o ouro que xacía no regato, feito polos romanos no século II d.C. Mentres observabamos o furado comemos o almorzo, e ó acabar regresamos ó centro sen tempo de ir observar o circo glaciar de Chaguazoso.



Ningún comentario:

Publicar un comentario