Irea Rodríguez Cañueto | Saímos pola mañá , ás nove e cuarto xa estábamos fóra de Viana do Bolo. Fomos cos mestres Luís e Xurxo e coa mestra Isabel. Chegamos a un pobo chamado Samos, alí ensináronnos o mosteiro, era grande, de pedra e tiña dous interiores , había un corredor e nel había unhas pinturas que representaban a vida de San Bieito. Saímos do mosteiro e fomos almorzar. Ás tres marchamos de Samos, rumbo a un pobo de peregrinación. Chegamos a aldea, era todo de pedra , alí vimos unha igrexa á que van os peregrinos antes de chegar a Santiago.
Clic aquí para ver a galería completa de imaxes |
Despois de escoitar as lendas sobre aquela igrexa fómonos a Seoane do Caurel. A viaxe foi moi fermosa, había moitas árbores e moita vexetación. Chegamos a Seoane do Caurel, un pobo pequeno e agochado entre a densa vexetación, era un pobo moi húmido e frío, alí todo era rústico. Chegamos ao camping, era un sitio acolledor, entre grandes e verdes montañas que o agochaban , non era moi grande, tiña pequenas casiñas de madeira , non había ninguén só estábamos nós e o persoal que se encargaba da cafetería. Era xente moi agradable, sempre preocupándose pola nosa satisfacción polos servizos ofrecidos. Montamos as tendas de campaña, non foi demasiado complicado, mentres as terminabamos de armar sorprendeunos unha tormenta de choiva que fixo que tivésemos que deixar de montalas e resgardarnos dela . Ao día seguinte partimos ata á aldea de Uxío Novoneira, Paradela, unha aldea pequena, lonxe das demais. A néboa cubría por completo a aldea, o que nos producía algo de desorientación, as casas eran de pedra, notábase que non eran construcións recentes, a maioría delas estaban deshabitadas, a pouca xente que alí había era anciá. A mestra de galego, Isabel, contounos un pouco a biografía de Uxío Novoneira e nós, na súa honra, recitamos uns poemas que Uxío escribira dedicándollos ao Caurel. Foi emocionante facer o recitado na súa casa, pois arrepiaba de saudade pensar que aquelas paredes ouviran á súa voz e puideran ver o nacemento da súa poesía.
Marchamos cando empezaba a chover, volvemos ao camping para recollelo todo e comer; ás tres e media fómonos rumbo a Quiroga pero antes de chegar fixemos unha parada no pregamento do Caurel. Luís explicounos o que era e onde estaba situado, para que cando chegásemos alí o soubésemos recoñecer.
Logo de facer esa pequena parada para velo e facernos unha pequena idea do que era , saímos para Quiroga. Ao chegar, entramos no museo Xeolóxico , alí explicáronnos as rochas e os minerais polos que estaba constituído o Caurel, tamén mencionou o que nos explicara Luís do pregamento, pero fixo moito máis detallado e con imaxes que nos facían entender algo máis. Falou dos tipos de especies que había antes alí e as que hai agora. Ao saír do museo xeolóxico deuse por finalizada a nosa gran aventura polas terras do Caurel.

Ningún comentario:
Publicar un comentario