venres, 13 de xullo de 2012

Bachareles 2011-12

O pasado día 14 de xuño de 2012, á tardiña, tivo lugar o acto académico de despedida do alumnado que cursou 2º de Bacharelato, logo de ter pasado as probas de acceso á universidade. Coma sempre foi un acto entrañable onde nos xuntamos alumnado, familias, profesorado actual e antigo e amigos e amigas dos novos e novas Bachareles. Ademáis, en representación do Concello, acompañounos o concelleiro Francisco Aragón, membro do Consello Escolar. O acto foi presidido polo titor de 2º de Bacharelato que, ademais, pronunciou a lección de despedida, Telmo de Paz, a directora do CEIP Bibei, María Luisa Atanes e polo director do IES Carlos Casares, Luis Fernández.



Coma sempre, palabras agrarimosas, de agradecemento e de sorriso pecharon unha etapa clave na vida deses alumnos, xa adultos, que comezan unha etapa nova. Purificación Pérez, en representación das nais e pais, agradeceu o esforzo e traballo do instituto na educación dos seus fillos e fillas.  Os alumnos Lorena Prieto e Enrique García, dunha maneira simpática e, tamén nostálxica, percorreron coas súas palabras, e logo na súa aula, cun video, os seis anos de estancia no centro. Este ano o Gaudeamus Igitur foi intepretado polo alumnado dirixidos por Xurxo, o seu profesor de música.

No seguinte link, podedes ver as fotos, que foron feitas por dous profes ben queridos polo grupo, o profe de Galego en cursos anteriores, Xosé Luis Ansemil, e o actual profe de Debuxo, Pepe Fouz.

Galería de imaxes


Ningún comentario:

Publicar un comentario