venres, 31 de agosto de 2012

Reunión co presidente da Fundación Cipri Gomes

Esta semana tivo lugar no IES Carlos Casares de Viana do Bolo unha reunión de presentación entre o instituto e a Fundación Cipri Gomes, que leva un tempo desenvolvendo proxectos do máximo intererese para o futuro de Viana do Bolo. Ciprinao Gomes Esteves, presidente da Fundación, explicou á secretaria e ao director do centro cales son os fins e liñas de actuación da entidade. Víronse posibilidades de colaboración no futuro e analizouse a posibilidade de que exista un centro de tecnificación deportiva no antigo instituto de Viana, hoxe utilidado pola Fundación. Moito ánimo, que será moi bo para todas e todos.

venres, 17 de agosto de 2012

Parabéns do Conselleiro

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, vén de dirixirse ao IES Carlos Casares de Viana do Bolo para felicitar á comunidade educativa por ter resultado finalista no Premio á Acción Maxistral 2012 pola comunidade de Galicia. A fase final terá lugar en setembro.

sábado, 4 de agosto de 2012

O IES Carlos Casares finalista no Premio á Acción Maxistral

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo acaba de ser seleccionado coma finalista da Comunidade Autónoma de Galicia para o Premio de Acción Magistral 2012, polo proxecto ?A participación cidadá, enerxía para unha senda?.