luns, 22 de outubro de 2012

Enerxía para unha senda

Nesta fin de semana do 19 ao 21 de outubro, tivo lugar na facultade de matematicas da Universidade de Santiago de Compostela a celebración das I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento, organizadas pola ONG Intervida e a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. O IES Carlos Casares tivo a honra de ser chamado para unha ponencia, na que o Director, Carlos Ferreiro compartiu xunto coas representantes do IES Campo de San Alberto de Noia, as experiencias de Boas Prácticas Educativas para a Cidadanía Global.




Carlos disertou na mañá electoral do 21 de outubro sobre os pasos que  no IES Carlos Casares vimos dando na configuración dun proxecto que forme un alumnado nun plano integral e que permita a consolidación dun concepto responsable de cidadanía, baseado na solidaridade, respeto e compromiso social. A ponencia titulouse: A participación cidadá: enerxía para unha senda, e lembrou os avances na creación de grupos de voluntariado autónomo en Biblioteca, Mediación, Consumo, Medio Ambiente, e por suposto, Cooperación Internacional, co desenvolvemento do Proxecto de Irmanamento coa U.E. Timoteo Rondales de Bermejo (Bolivia). Cando se nos pediu na charla unha aprendizaxe fundamental que tivesemos adquirido nesta experiencia, non puidemos deixar de mencionar a idea tantas veces sinalada por Luis Fernández, o noso anterior director: "A chamada Educación en Valores non pode ser un mero currículo senón una vivencia". Agardemos que desde Bogotá se alegre da nosa participación neste evento.

Non quixeramos pasar esta ocasión sen agardecer a excepcional organización e a boa acollida en Santiago a Mónica, Sandra, María José, Paula e José Luis, e en xeral  á Coordinadora Galega de ONG e a INTERVIDA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario