|
Deseño de Plácido B. |
O pasado 19 de outubro conmemorouse o Día Mundial contra o cancro de mama, unha enfermidade que afecta case na súa totalidade a mulleres (máis do 99%) e que, por sorte, cada vez é máis factible tanto previla coma loitar contra ela. Con motivo desta conmemoración, Rosa, nai dunha alumna de 1º de ESO, quixo compartir con nós o seu desexo:
A detección oportuna e rápida do cancro de mama pode salvar a túa vida... Non o olvides... Unha vela "verde esperanza" por todas aquelas mulleres que loitan cada día contra esta enfermidade...
O meu desexo para que esa vela verde siga viva... Incluso para que algún día xa non nos faga falla.
ResponderEliminar