Brais Seoane Villasante, alumno do
Carlos Casares de Viana do Bolo, vén de conseguir un premio ao
esforzo e superación persoal
Eu direivos unha palabra, e
respostádeme a primeira palabra que se vos ocorra e que teña que
ver coa que eu dixen.
Comezamos?
Eu digo... clima!
Cambio, tempo, choiva, AEMET, tropical,
efecto invernadoiro...
Eu digo... saltar!
Correr, brincar, comba, mercados,
bola...
Eu digo... Brais!
Corazón, loita, compañeiro, cariño,
igualdade, superación, exemplo, madurez, expresividade, bondade,
tolerancia, amizade, serenidade...
Tiven a oportunidade e o pracer de
compartir contigo, Brais, dous dos mellores anos que recordo como
profesor. Dous anos nos que cada quen dentro do pequeno grupo de
diversificación que formabamos puido aprender moito de quen tiña a
carón. Dous anos de vivencias, proxectos, viaxes, laboratorios...
Dous anos nos que moitos días, todas e todos agardabamos dúas horas
pola túa chegada, impacientes, porque sabiamos que traías un
sorriso por diante, un sorriso que moitos de nós non seriamos
capaces de artellar, un sorriso deses que che alegran a mañá e se
contaxia queiras ou non. Dous anos nos que nunca, pero nunca de
verdade, che oín unha queixa, protesta ou palabra máis alta que
outra, sen faltarche motivos para iso. Ninguén de nós aguantou
nunca dous anos así...
Como ben che dicía, foi para toda a
aula un fenomenal tempo de aprendizaxe, pero ti déchesnos a mellor
das leccións: cada persoa é única e marabillosa. Segue a exercer
de mestre moito tempo...
Grazas.
Ovidio Villar Marcos
Brais recollerá en breve o seu premio nun acto en Santiago de Compostela nun acto en presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Parabéns.
Pouco teño que dicir a todo o que dixo Ovidio...
ResponderEliminarCando penso en Brais penso en superación, en non convertir as dificultades en victimismo, en poñer un sorriso cada mañá, e como xa vivín neste centro, no caso de Beatriz Vega Feliz e a súa nai, Maruja, vexo uns pais, Manolo e Mari, e unha irmá, Erea, que lonxe de limitar e sobreprotexer a Brais, animárono, axudárono e conseguiron que, hoxe, Brais, desenvolva a súa vocación feliz e autónomamente en Ourense. Ríndovos a miña admiración, e o Premio, por suposto, tamén e voso...
Eu non tiven a sorte de darche clase, pero si de ver día a día a túa superación da que todos e todas podemos e debemos aprender. Noraboa Brais.
ResponderEliminarLuis Fernández López
MOITAS GRAZAS A TODOS E A TOD@S
ResponderEliminarMoitas grazas, non sabedes todo o que me poiden emocionar ao leer esta noticia, grazas a vos os profesores e profesoras que ainda seguides no insti e aos que non ( Eduardo, Ansemil, Patricia...),e tamen ao noso orientador Placido.Grazas aos compañeiros de clase, os do resto do insti, e tame Grazas ao persoal non docente.
Grazas de verdade.
Un saudo:
Brais Seoane Villasante.
Pepe Fouz.
ResponderEliminarOla Brais.
Con personas coma ti o mundo é máis atractivo e interesante.
Un abrazo.
Foi o meu compañeiro de clase durante a primaria, e, sen dúbida, un compañeiro excepcional. Noraboa Brais, mereces isto e moito máis.
ResponderEliminar