Alba R. - Federico M. | O luns 25 tivo lugar a primeira das dúas sesións adicadas á proxección de
documentais para os grupos da ESO. Nesta ocasión tocoulles a 1º e 2º, e o
título elexido foi "Esto es ritmo". O vindeiro pase terá lugar o próximo
luns 4 de marzo para os alumnos-as de 3º e 4º, e o documental a proxectar será
"Comprar, tirar, comprar".
O obxectivo é utilizar este medio como ferramenta para a reflexión e a transmisión dunha serie de valores que pensamos son importantes para nós como persoas e cidadáns. E que mellor forma de coñecer o resultado que escoitar a opinión de Alba Rodríguez de Zugasti, de 2º da ESO: "Creo personalmente que este documental é verdadeiramente interesante, xa que nos transmite valores que debemos adaptar a nós: como a importancia que ten o de ser doutro país, doutra cor, doutra relixión... e sen coñecerse de nada poder compenetrarse de tal maneira que se poida facer un baile fascinante ou simplemente compoñer música. Este documental tamén nos reflicte a vida de rapaces que viven nunha clase baixa, que non teñen motivación para facer nada, e que, a través da danza e esforzándose, poidan convertirse nunha clase de persoas diferentes a que eran antes". Pois escoitando isto, parece que vamos ben encamiñados. Moitas grazas, Alba.
Alba aprendéndonos cousas, coma sempre
ResponderEliminar