xoves, 11 de abril de 2013

Coida o que tes

Coida o que tes é un proxecto de divulgación sobre o coidado da nosa contorna, tanto no aspecto material coma no natural. Este traballo, levado a cabo polo alumnado de 4º de PDC do IES Carlos Casares, promove a xestión dos propios resíduos, primeiramente, co compromiso persoal de non tirar lixo e de observar se se tira e onde, para, a continuación, actuar a través dunha serie de actividades, como xogos interactivos, talleres de reciclaxe de papel ou ánimo a practicar as 3R mediante carteis que invitan a ser máis coidadosos co medio ambiente.


Israel, Antonio e Bran no Bolo
Pablo, Iván e Pedro na Gudiña
Jonathan, Jairo, Jenifer e Susana na Veiga


No marco deste proxecto e da Campaña "Actúa con coidados" da ONG InteRed, os rapaces e rapazas de 4º A veñen de compartir estes valores en tres centros educativos próximos a Viana do Bolo, aos cales agradecemos o seu acollemento. Son os CEIP da Veiga e do Bolo e o CPI da Gudiña. Divididos en tres grupos, adicaron a mañá do pasado día 10 a traballar con nenos e nenas en materia de redución, reutilización e reciclaxe de resíduos (as 3R). Unha marabillosa experiencia, que todo o grupo, sen dúbida, agarda repetir. A ocasión, o próximo 23 de abril na Coruña, no edificio do CEIDA, organismo que seleccionou este traballo para participar no I Congreso ReAcción sobre a xestión do lixo.

Fai clic aquí para obter toda a información e novidades deste interesante proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario