Onte acompañounos José Luis, farmacéutico e Técnico da Consellería de Sanidade en Ourense, e que nos amosou dunha forma clara e sinxela o lado escuro do tabaco e doutras drogas. Cunhas explicacións concisas e esclarecedoras, tivo pendente da súa conferencia ao alumnado do segundo ciclo da ESO durante preto de dúas horas. Quedamos coa xenial explicación de por que se respira peor ao fumar (o monóxido de carbono que se produce na combustión ocupa no sangue, grazas á súa afinidade coa hemoglobina, un prezoso espazo que xa non ocupará o osíxeno, e por tanto este non chegará ás células). Grazas polo bo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario