Ovidio V. | Onte venres 21 de xuño, o grupo de 2º da ESO visitou o Xulgado de Paz de Viana do Bolo. Houbo tempo para unha representación dunha conciliación, que nos recorda en certa medida á nosa "mediación escolar", como medio dialogado de resolución de conflitos, e tamén para que quen quixese consultase a súa partida de nacemento nos arquivos municipais. Agradecemos a atención que nos prestaron Patricia Ares, Xuíza de Paz, e o seu equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario