luns, 10 de xuño de 2013

Publicidade e xénero

Cuarto de ESO traballa dous conceptos que é necesario analizar conxuntamente

Os dous grupos de 4º de ESO veñen de realizar na xornada de hoxe unha sesión sobre publicidade e xénero, no que, guiados por Amanda Díaz (experta en Publicidade e Xénero), analizaron a importancia dos medios de comunicación na sociedade actual e os valores e estereotipos que se están a transmitir. Queda moito traballo por facer na defensa da igualdade entre mulleres e homes, pero actividades coma esta fan crer que cada vez está máis preto. A valoración do alumnado sobre esta actividade foi moi positiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario