mércores, 26 de xuño de 2013

Resumindo o Proxecto ReAcción

Xa están subidos á canle en Youtube do Proxecto ReAcción do CEIDA os vídeos divulgativos de todos os traballos seleccionados para participar na primeira edición deste interesante certame.

O noso IES participou neste congreso co proxecto "Coida o que tes", levado a cabo polo alumnado de 4º de ESO A, o grupo de diversificación curricular. Actividades tan exitosas coma esta poñen de manifesto tanto o traballo por proxectos coma a atención individualizada na educación do noso alumnado.

O grupo de 4º de PDC cos dous profesores de ámbito científico

Preme no seguinte link para poder visualizar a canle do Proxecto Reación

Preme no seguinte link para acceder ao proxecto "Coida o que tes"

Ningún comentario:

Publicar un comentario