venres, 29 de novembro de 2013

2º Premio en Innovación Educativa

Vén de facerse pública a resolución provisional dos Premios ás boas prácticas en innovación educativa, resultando o noso IES premiado na categoría referente ao desenvolvemento das competencias básicas. O proxecto, que leva por título “A adquisición das competencias básicas como unha realidade multidisciplinar compartida”, reúne o esforzo común das 27 profesoras e profesores que no curso pasado traballaron na busca dunha educación integral, útil, transformadora e sensible ao mundo que nos rodea.

3 comentarios:

  1. Noraboa polo traballo e o esforzo que supón este tipo de actividades!!!

    ResponderEliminar
  2. Felicidades ao IES e, especialmente, a Ovidio Villar Marcos, un tipo de Becerreá que fai moito por Viana do Bolo.

    ResponderEliminar
  3. Moitas felicidades. Alégrome moito. Un abrazo dende Colombia.

    ResponderEliminar