Na xornada de onte, 14 de novembro, tivo lugar do Instituto Municipal da
Educación de Vigo unha actividade formativa na que o noso centro foi
destacado protagonista. Ovidio Villar e Carlos Ferreiro desprazáronse a
terras olívicas para transmitir a experiencia de colaboración coa
Campaña Mundial pola Educación (CME) desde o curso académico 2008-2009 ate
agora, enmarcada na idea de formar un alumnado crítico, solidario e con
capacidade de inserción plena na vida social e cidadá.
Carlos e Ovidio, á dereita da imaxe, Luis dende Bogotá no Skype ao fondo |
O acto tivo unha aparte profundamente emotiva, xa que con nós interactuou, mediante videoconferencia, o noso antigo director Luis Fernández, desde o CC.EE. Reyes Católicos de Bogotá, que brillantemente dirixe. Luis incidiu na importancia que posúe traballar na Educación polo Desenvolvemento en tres áreas diferentes: o mundo desenvolvido (Viana), un espazo desfavorecido (Bermejo), e os contextos de "élite" que conviven coa desigualdade, como pode ser Bogotá.
Ovidio resaltou tamén o positivo de que o alumnado, participante de xeito voluntario, reforce a súa autoestima e as habilidades sociais cando protagoniza os actos de difusión pública da campaña, e Carlos lembrou como este traballo de Cooperación abre as fiestras do mundo á nosa comunidade educativa.
A labor do noso centro foi insistentemente destacada polos responsables da SAME, que por suposto, contan con nós de novo este ano para a difusión da campaña e para a elaboración de material didáctico. Continuaremos , pois, na procura dunha acción educativa en prol dun mundo máis solidario e xusto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario