O pasado sábado 30 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as xornadas de formación inicial en varios programas do Plan Proxecta, entre eles "Rede de Centros Escolares Solidarios".
O noso IES participou coa ponencia "O IES Carlos Casares como entidade de voluntariado", percorrendo o camiño iniciado hai anos por Luis Fernández e María Fernández (no seu momento Director e Presidenta da ANPA respectivamente) e que vén a ser o que hoxe chamamos "A Senda da Convivencia", proxecto con tres eixos fundamentais: a mediación escolar, o voluntariado e o proxecto de cooperación internacional con Bolivia. O IES Carlos Casares está rexistrado como entidade de voluntariado (link), e conta con grupos que desenvolven o seu traballo en mediación escolar, ecoloxía, deporte, biblioteca e novas tecnoloxías (link).
Susana Fernández e Ovidio Villar desprazáronse á capital galega para participar nesta actividade, compartida coas compañeiras do Virxe da Cela de Monfero Yolanda Casto e Verónica Dopico, que dende hai tempo traballan nun interesante proxecto, Monfero solidario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario