mércores, 16 de abril de 2014

CME 2014 no IES Carlos Casares

Pedimos unha educación inclusiva, e nestes últimos anos un dos camiños para facernos escoitar é a Campaña Mundial pola Educación. Este ano a CME repara nas barreiras que aínda separan ás persoas con discapacidades do sistema educativo.


Logo da participación no acto central da campaña de 2014 na sé do Valedos do Pobo en Santiago de Compostela o pasado 10 de abril, o pasado venres tivemos no Carlos Casares de Viana un acto no que reivindicamos o dereito a unha educación de calidade para todas e todos.


O alumnado da ESO estivo pendente durante preto de hora e media do que o Voluntariado do IES Carlos Casares, Educación sen Fronteiras e ASFAVAL nos contaron: as experiencias en anteriores campañas no centro, a xornada do 10 de abril en Santiago, a importancia de reivindicar unha educación inclusiva e a labor que institucións como ASFAVAL veñen desenvolvendo en relación á axuda a persoas con discapacidades.

Agradecemos a todas e todos a vosa presenza neste acto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario