Na de semana do 9, 10 e 11 de maio tivo lugar en San Lorenzo del Escorial, (Madrid) o IV Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo "Creando Redes". O noso instituto estivo representado polo director, Carlos Ferreiro, e a xuntanza serviu para reunir a todos os centros gañadores do Premio Vicente Ferrer en Educación para o Desenvolvemento (como foi o noso en 2009 gracias ao Irmanamento coa U.E.Timoteo Rondales de Bermejo-Bolivia).
No encontro, profesorado de todo o país intercambiou impresións sobre o que debe ser o futuro dunha educación solidaria, e que fomente o traballo en competencias básicas (especialmente a Social e Cidadá): as dúas liñas que proporcionan esa mellora son a Aprendizaxe-Servizo e o Traballo por Proxectos. No noso instituto podemos dar mostras de ambas liñas, pondo como exemplo os diferentes ámbitos de voluntariado, ou moitas das actuacións do Plan Proxecta (Clases sen Fume, Cooperación Galega, Rede de Centros Solidarios, Meteoescolas, Xogade, etc), e no plano do traballo por Proxectos, moitas colaboracións entre diferentes Departamentos (Inglés, Bioloxía durante a estadía en Salduero)
Recibimos moitas ideas novas e orixinais nesta fin de semana e, xa que logo, un pulo de optimismo para levalas á práctica. É preciso, pois, agradecer ao MECD e a AECID(Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo), o feito de manter cada ano estes simposios onde cada quen aporta parte da súa experiencia, cos seus acertos e erros, na procura dunha mellor calidade da educación pública, e o carácter máis social e solidario da mesma.

Ningún comentario:
Publicar un comentario