O. Villar | O pasado xoves pola tarde fun ao teatro. Agradáronme moito as gañas de actrices e actores, a capacidade de meterse no papel, os diálogos ben executados (e complexos moitos deles). Agradoume tamén a ilusión que se respiraba entre bambalinas, e eses nervios propios de quen sabe que familia e amigos nos están a ver. Agradoume o ambiente, os guións, os traballados decorados... a verdade é que foi unha función xenial. A persoa máis xove que asistiu tiña meses, e a máis maior andaría preto dos oitenta. E todas e todos o pasamos ben. TEATRO con maiúculas o que escenificou o Grupo de Teatro Talía, do IES Carlos Casares. Parabéns a todas as persoas que o integran, unha canteira realmente con futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario