sábado, 23 de agosto de 2014

Un certame, dúas realidades culturais

Esta mañá reencontrárone na Praza Maior de Viana do Bolo Luis Fernández (Rector do CCEE Reyes Católicos de Bogotá) e Ovidio Villar (Vicedirector do IES Carlos Casares de Viana do Bolo). A excelente relación entre as dúas entidades educativas, promovida a partires da incorporación de Luis Fernández ao centro colombiano hai dous anos, fotaleceuse hoxe un anaco máis logo da entrega dos premios do X Certame Internacional de Fotografía Matemática, obtidos por un alumno e unha alumna do Reyes Católicos.


Este non é o primeiro encontro entre Viana e Bogotá. En xaneiro de 2013, ambos centros sentaban na Aula Xesús R. Jares do IES Carlos Casares as bases para unha relación con futuro.

2 comentarios:

  1. Dous grandes profesionais do ensino. Abrazos desde o Brazil.

    ResponderEliminar
  2. Carlos Ferreiro25/08/14, 20:20

    Xa sabedes que estaba fora estes días nas poucas vacacións nas que puiden saír, pero é un orgullo vervos aos dous representando o centro (aos centros). Unha aperta e vémonos todos na cea de Nadal

    ResponderEliminar