Alba L. | O noso
segundo día en Viérnoles comezou con tres talleres pola mañá: un onde
aprendimos a identificar árbores polas súas follas, outro no que
descubimos que é un fractal e exemplos que podemos atopar na natureza
(unha folerpa de neve, as árbores, o noso sistema circularorio...) e
outro onde aprendimos a identificar bioindicadores (macroinvertebrados)
para determinar a calidade da auga dun regato que pasa polo CEAm.
Xa pola tarde fomos a ver o museo
de Altamira onde nos ensinaron a Neocueva que é unha replica das famosas
covas de Altamira que para a súa conservación están pechadas ao
público, nela nos ensinaron obxectos que usaban os nosos antepasados, e
as pinturas que realizaban no teito das covas (material e técnica
empregado, animais representados como bisontes, cabalos...). Despois
fomos a Santillana del Mar onde fixemos un Rally fotográfico, un xogo
onde había que ir visitando edificios importantes e casa peculiares (con
escudo) e logo resolver unhas preguntas; ao rematar deixáronnos un
pouco de tempo para ir comprar algún recordo.
Despois de cear tocaba presentar os
nosos centros e localidades. Puidemos comprobar que temos algunha
cousas en común como a matanza dos cerdos (“guarros” como se chaman na
zona de Cortegana) e o feito que o Entroido/Carnaval sexa unha das
festas máis importantes. Descubrimos tamén a cantidade de obxectos que
se poden fabricar con corcho.
Ningún comentario:
Publicar un comentario