Na xornada de hoxe, o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC realizou unha enquisa sobre diferentes hábitos e condutas relacionadas coa sexualidade.
Desta interesante enquisa, desprenderase información tan relevante como valores de respeto e tolerancia, realidade sobre igualdades (ou desigualdades) de xénero ou prácticas como o sexting, que ben seguro todas e todos queremos eliminar da vida cotiá. Estivo a realizar esta actividade no noso IES Patricia Ruído, da Universidade de Vigo (Ciencias da Educación - Ourense), e a quen moi posiblemente vexamos de novo en Viana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario