venres, 21 de novembro de 2014

María



Se tódolos camiños levan a Roma, como se sae de Roma?
Bonito anxo, María.
Que decirche que non saibas xa?
Que te imos botar moito de menos, eso xa o debes de saber, non nos cansaremos de dicilo; non nos cansaremos de dicir que fuches, es e serás a mellor, non só como profesora, senón como amiga, a cal nos levantaba a cabeza cada vez que estabamos mal, tristes ou decaídos. Grazas por ser a nosa segunda nai, por coidarnos sempre, por preocuparte por ter unha sonrisa para nós ainda que estiveses cansada, triste ou enfadada.
Por facer todo o posible para que nunca nos renderamos: esa paixón  que tiñas por sacar o mellor de cada un de nós.
Dicías que nunca te deitarías sen aprender algo novo e hoxe nós aprendemos algo: a vida é demasiado curta como para non ser un mesmo, e ti, nese sentido fixéchelo moi ben, sempre sendo ti, únicamente ti. Polo teu “vamos chiquis” ao empezar a clase, ou por esas gañas de facer plans para o futuro, e nós intentaremos seguilos.
María, sempre estarás con nos “ab aeterno” e “conditio sine quae non"

Lucía Estévez Mato, Alicia Blanco Parada, Fátima Estévez Basalo e Marta Fernández Guerra (Alumnas de Latín e Grego de 2º de Bacharelato)

13 comentarios:

  1. Nunca nos afaremos à tua ausência

    Di um provérbio da Índia: "quando vinheche ao mundo, tu chorache e o mundo alegrou-se; vive a tua vida de tal maneira que quando o deixes, o mundo chore e tu te alegres".

    SIT TIBI TERRA LEVIS



    ResponderEliminar
  2. Carlos Ferreiro22/11/14, 16:30

    Cuanto quisiera oir tus gritos y tu voz...

    "Rompo un huevo y nace un Hombre y una Mujer, y nacerán y vivirán, y juntos y morirán y nunca dejarán de nacer porque la muerte es mentira." (Proverbio guaraní sobre la creación...

    ResponderEliminar
  3. Estela López22/11/14, 18:37

    Tan certas estas palabras, que solo recordar todos os momentos vividos o único que podo pensar é que a vida a veces é moi, moi inxusta pero como decides, ela sempre nos levantaba cuando estábamos de capa caída, agora non pode ser menos. A súa humanidade, a suas gañas de facerlle a vida mellor os demáis demóstranos o que realmente vale a pena. As cousas que se fan de corazón, permanecen no corazón, e eu sempre te levarei no corazón.

    Solo decirche que gracias a TI por estar ahí ( http://taliateatro.blogspot.com.es/search?updated-max=2013-12-09T06:36:00-08:00&max-results=3&start=2&by-date=false ) tí fuches a que deixaches unha gran marca en nos, en min. Botarei de menos os teus whatsapps, as tuas chamadas para informarnos de como nos vai a vida, para retrasar a visita a Madrid, que agora xa se cancelou, para pensar qué escena de dous personajes iamos facer este ano xuntas, buscar ese momento que me deixasen libre na uni para escaparme a Viana... A última vez que falamos quedamos en que eu che debía un café, non me deches tempo a devolvercho... Gracias a ti por creer e confiar en min, levo catro anos fóra e a pesar dos quilómetros a unión era máis forte pero sempre cas ganas de ese abrazo que estaba lonxe... Dicen que a confianza da asco pero tamén podo decir que tiven a sorte de ter esa confianza e que non solo fuches a miña profe berrona de teatro, fuches algo máis.

    Oxalá alguen siga o teu legado no instituto porque facías unha grande labor que agora se votará en falta. Porque o teatro non solo é un modo de evasión e entretenimiento, e unha clase de comunicación, unha clase de oratoria, unha clase de convivencia, de traballo en grupo, de saber estar. Igual que penso que a economía debería ser obligatoria en todas as ramas, o teatro, as artes en xeral pero sobre todo o teatro tamén debería selo. O largo da nosa vida vamos a ter que enfrentarnos, en algún momento, a un auditorio, ben sexa nunha exposición de clase, nunha entrevista de traballo ou en calquera outro sitio; e a comunicación é moi importante. Non puden evitar estos días repasar obras de teatro do IES e vexo o moito que cambiamos todos e o moito que temos que cambiar. Eu non son a mesma persona de primeiro da ESO a segundo de Bach pero tampouco son a mesma de 1º de carreira a 4º, como decía María temos que emprender o noso viaxe a Ítaca e este ten que ser largo e cargado de experiencias. Sempre tiñas unha respuesta para todo, sempre tiñas algo que ensinarnos, algo que contarnos, algo que berrarnos... Agora tocanos facelo nos por ti para recordarte sempre.

    E o mais importante, temos que recordar que sí, nos estamos a pasalo moi mal, pero mais mal o estará pasando a sua familia, o seu fillo sobre todo, temos que ser un apoio mais que un recordatorio do mal que estamos. 45 anos son moi poucos pero podemos decir que si tiñas unha misión nesta vida, está mais que cumplida. GRACIAS POR TODO

    ResponderEliminar
  4. Ay Marìa, que difícil y, desde lejos, parece que no es verdad. Que suerte trabajar contigo, que suerte conocerte y entenderte, que suerte que me conocieras y me entendieras. Supongo que la amistad intensa hace mas difícil la despedida, pero es que se pierde algo bueno. No del todo, tu trabajo como vemos por lo que pone Estela marco al IES Carlos Casares y puso a Viana muchas veces en el Centro de la educación en Galicia. Que buen Teatro, cuanto disfrutamos en Viana, en Portugal, en Verìn.
    María será dificil en un mes llegar al Instituto, llegar al comedor, a esa linda aula de desdoble del piso de abajo (que fue comedor en buenos momentos), a la biblioteca, a la sala de profesores, a secretaria. Lo llenabas todo.
    Me alegro mucho de haber compartido contigo años de trabajo, de éxitos, de lucha por el alumnado, sobre todo con los que más ayuda necesitaban.
    María nunca te olvidaremos. Gracias por todo lo que aprendí de ti.

    Ludovicus

    ResponderEliminar
  5. "Recordar es fácil para el que tiene memoria. Olvidarse es difícil para quien tiene corazón". Gabriel García Márquez.

    Hoxe acado a imaxinar todo o cariño que che teño...

    Ovi

    ResponderEliminar
  6. Levo días intentando escribirvos, pero non podo, ... e me sinto mal, porque nin eu era naide do mais cercano para ti, pero sinto que se me foi alguén da familia, leo a Luis, a Estela, a Carlos, a Ovi, e levo días querendo chamalos en non podo... Pero tes razón Estela, o mellor que podemos facer por ela, e pola súa familia, e recordar os bos momentos, a súa alegría, o seu entusiasmo acelerado, gracias polo último abrazo, apenas te vía e fuches ti quen veu a darmo... Familia, que nunca quede un abrazo sen dar... quen sabe se pode ser o ultimo...

    ResponderEliminar
  7. -que lees? -una carta. -y que pone? -es de un hombre que tenia un hijo... -tenia? - si, murio en un accidente de trafico. -y que le vas a contestar? -pues le dire que la vida es un suenho y que todos vamos a morir y que eso del antes y del despues no es mas que una teoria relativista de seres que tienen el Tiempo contado... que es lo mismo que decirle nada...

    ResponderEliminar
  8. Nesta hora de dor, talvez a arte (a forma mais depurada de afirmaçom do ser humano na sua existência no mundo) nos ofereça um bálsamo. Um bálsamo a escuitar longe de mentalidades devocionalistas ou materialistas; e é que esta é a obra de um agnóstico que a escreveu desde uma perspectiva filosófica, poética e íntima, também a raiz da morte de um ser querido.Se se escuita, faga-se desde o recolhimento e a introspecçom que obra e circunstâncias requerem. Aqui vai só o primeiro andamento, acompanhado de uma versom na nossa Língua dos textos originais.

    https://www.youtube.com/watch?v=kwzjAL6tt-s


    Bem-aventurados os que choram, porque serám consolados (Mateus 5.4)

    Os que sementam com lágrimas recolhem entre cânticos. Na partida vai chorando o que leva a semente; no regresso vem cantando o que transporta os feixes das espigas (Salmo 126; 5. 6)

    ResponderEliminar
  9. Gracias María

    Formidable gritona. Loitadora incansable pola educación. Tan boa xente.

    Gracias por cruzarte nos nosos camiños. Por cruzarte na miña vida. Inda non me creo que non esteas por aquí. Que a túa viaxe a Ítaca continúa por outros lugares. Ti que fuches todo enerxía e ímpetu.

    Aquí quedan moitos que te queren. Así se debería vivir, deixando pegada, coma ti. Deixando pegada nos que te coñeceron. Hai tanto que agradecer. Agardo que o soubeses. Gracias polo teatro, os festivais, os cafés, os bos ratos, as discusións, as túas chamadas, a axuda incrible sempre que estiven en Viana, e tamén cando non estiven.

    Ti que criches na importancia enorme das artes na educación. Ti que te implicaches no Carlos Casares coma ninguén, no teu entorno coma ninguén. Que revolucionabas alá onde ías con mil proxectos, curranta incansable. Mamá de tódolos cativos. Oxalá houbese máis coma ti.

    Gracias María. Ímoste botar moito de menos.

    Ilda

    ResponderEliminar
  10. Luis Crende04/12/14, 13:27

    ¡ Como dueles, María !
    Te guardaré en ese rinconcito de mis sentimientos que tan merecidamente te ganaste, lo visitaré con frecuencia y dejará de doler y será una visita muy grata.

    ResponderEliminar
  11. Para nuestra familia fuiste un apoyo muy grande te echamos muchísimo de menos pero que sepas que aún sigues viva en nuestras corazónes,te queremos María.

    ResponderEliminar
  12. A veces costame seguir adiante sabendo que todo me recorda a ti pero logo vexo os demais que tamén sufren e sintome egoísta. Penso que caer non é o que preferirias si non é con un levanteime, logo. Non podo evitar que me sigas doendo, que siga sen creer que te fuches... Doeme saber que te sigo esperando. Doeme non haber aproveitado máis do que aproveitei estar contigo. Pasou xa un tempo e segueme parecendo onte. Dormirse cando xa o cansancio non da mais de sí e lavantarse pensando que todo sigue igual, que non era un mal soño, un día mais no que non aprenderemos algo novo de ti senon que solo poderemos recordar o que xa nos ensinaches. Afortunados os que te tivemos no noso tren e afortunados os que tiveches no teu. Quén iba a decir que os plans de futuro tiñan unha fecha de caducidade tan pronta. Imposible imaxinar canto te voto de menos, nin siquera eu sabía que se podía votar en falta tanto a unha persona.

    ResponderEliminar