luns, 1 de decembro de 2014

Creando igualdade

O pasado 25 de novembro conmemorouse o día internacional contra a violencia de xénero, e unha das actividades centrais no noso IES foi "Creando igualdade", unha proposta da Asociación Cultural Tres Reinos da Mezquita. Partindo dun formato de presentación interactiva, a actividade derivou nunha interesante posta en común por parte de todo o alumnado participante. Todos os grupos da ESO tiveron a oportunidade de conversar, opinar e debater animadamente con Cristina e Marta, a quen agradecemos a súa presenza no noso IES.

Cristina e Marta nun momento do traballo con 4º de ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario