luns, 12 de xaneiro de 2015

Talleres de cooperación

A música, a radio, o teatro,  a... son medios marabillosos para expresarse, para comunicar, para traballar en equipo e, fundamentalmente, para contar que é o que pasa arredor de nós. Son vías de denuncia social, de expresión para esixir a igualdade de dereitos e oportunidades, para promover un mundo máis xusto.

Montse comezando o obradoiro con 2º de ESO

Óscar, co grupo de 4º de ESO

A pasada semana, estiveron no noso centro Paula, Óscar e Montse, tres amigos do noso IES e integrantes de Cooperación Galega, desenvolvendo obradoiros de fotografía, radio e podcasting para o alumnado de 2º e 4º de ESO. Este é soamente o comezo; a seguinte cita con este proxecto será o vindeiro 29 de xaneiro.


Máis adiante, terán lugar diferentes actividades relacionadas coa música, ou o teatro, pero de momento non podemos desvelar máis... Aínda así, de seguro que haberá sorpresas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario