O pasado mércores 11 de febreiro un grupo de profesorado do IES Carlos Casares de Viana do Bolo viaxou a La Robla (León) para asistir á primeira reunión do proxecto "2015dixital", compartido co IES Ramiro II.
Sesión matutina de traballo no IES Ramiro II |
Carlos Ferreiro, Monse Ulloa e Ovidio Villar desprazáronse á localidade leonesa para sentar as bases do desenvolvemento deste proxecto, coñecer a nivel de infraestrutura ambos centros e planificar accións conxuntas futuras.
Xa pola tarde, no Centro de Formación e Recursos, en León |
Está prevista unha videoconferencia para marzo, un intercambio de alumnado e unha colaboración coa Universidade de León, entre outras actividades. Esta revista seguirá a informar sobre este interesante proxecto, convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que reportará 13.000 € ao IES vianés e cuia finalidade é mellorar índices de titulación na ESO grazas ao traballo coas novas tecnoloxías e ao asentamentos dunha verdadeira cultura dixital de centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario