Na pasada fin de semana, do 24 ao 26 de abril, o IES Carlos Casares estivo
representado por medio do seu director, Carlos Ferreiro, no V Encuentro
Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo, que se celebrou en
Guadarrama (Madrid).
Baixo o lema deste ano, "Dejando huella",
prestouse especial atención aos proxectos de desenvolvemento que
potencian a igualdade de xénero e a dignificación da muller. Lembramos
que na nosa colaboración con Bermejo-Bolivia, establecemos un acordo de
apoio a cooperativas de mulleres, que manufacturan productos artesanais,
(gorros e bufandas que logo o noso alumnado voluntario e cooperantes
externos nos axudan a vender).
O domingo pola maña tivemos tamen a honra de ser convidados a unha mesa
redonda sobre xénero, con varias expertas a nivel nacional.
As xornadas déronnos un pulo para afianzarnos na senda educativa do noso
centro; integrar a loita contra a violencia sobre a muller, a
solidariedade mediante o voluntariado ou a cooperación, a educación
afectivo-sexual ou a aprendizaxe por proyectos son a alternativa aos
perigos da competitividade que a sociedade transmite a rapazas e
rapaces, ou a "mercantilizacion" da escola. As múltiples e variadas
actividades do centro, dentro e fora do instituto, fanse polo tanto, non
so convenientes senón imprescindibles.
Gustaríame rematar a crónica coa reflexión do pedagogo madrileño Miguel Ardanaz: "Os contidos son como moito, un elemento de partida, entre outros, pero non un punto de chegada"
Ningún comentario:
Publicar un comentario