luns, 2 de novembro de 2015

Visita de La Robla, terceiro día

E chegou a despedida! Nesta terceira xornada de convivencia no Proxecto 2015digital entre o noso  centro e o  IES Ramiro II de La Robla (León), compartiron aulas toda a xornada. Comezamos coa clase de lingua galega que acercou a nosa lingua aos visitantes. Máis tarde compartimos o coñecemento mútuo de inglés.
 
 
Tras o recreo, chegou o momento dos xogos cooperativos e tradicionais con Pablo, profesor de Educación Física. Na penúltima hora, Monse Ulloa preparou un google test sobre o aprendido onte en Verín e Chaves, e rematamos na clase de Lingua Castelá, na que Carlos suxeriu un "dcumento do tempo", estoé, a partir dun artigo xornalístico que lembraba que estamos no momento en que Robert Zemeckis, creador Regreso al Futuro, situaba a viaxe cara adiante de Marty McFly e imaxinaba un mundo actual con hologramas publicitarios, coches que funcionaban con residuos orgánicos e monopatíns voladores, pero na que curiosamente, non imaxinaban a existencia de teléfono móvil. 

Por parellas redactamos documentos acerca de como imaxinamos o mundo, dentro de 20 anos, o 23 de outubro de 2035. Un resumo das vosas prediccións quedará almacenado virtualmente no Choupín, e agardamos que, dentro de 20 anos, poidamos revisar o nivel de acerto e avnce (ou retroceso) técnico e humano da nosa sociedade.

Grazas a todos os compañeiros e compañeiras profesores, alumnado e familias por ter axudado , xunto co MECD, a levar a cabo este proxecto de traballo en común, que, sen dúbida, vai traer unha lembranza moi positiva e uns beneficios materiales e educativos indiscutibeis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario