O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 29 de xuño de 2015

Formación de Mediadores e Mediadoras

Os pasados 25 e 26 de xuño viaxamos a Viana do Castelo para levar a cabo un curso de Mediación Escolar. Alí nos reunimos os institutos de Allariz e Viana do Bolo durante dúas marabillosas xornadas que remataron nas fermosas praias da costa portuguesa...



martes, 23 de xuño de 2015

Despedíndose cun sorriso

Pablo C. | Qué mellor maneira de despedir o curso que xogando. Para iso o alumnado participou nuns xogos tradicionais desenvoltos o último día de clase. Neles, as propias alumnas e alumnos participaron na súa elaboración e desenvolvemento. A nota distintiva desta actividade foi a risa, sí, una risa compartida que nos fai achegarnos a xogos dos nosos maiores pero disfrutándoos coma nenos.

Galería de Imaxes

Exposición: Galicia, Conservando a Natureza

Eduardo L. e Monse U. | Durante todo este mes de xuño tivemos a oportunidade de desfrutar da exposición itinerante do CEIDA "Galicia: conservando a natureza", coa que puidemos coñecer os diferentes espazos naturais protexidos da nosa comunidade coa súa flora e fauna característica.


venres, 19 de xuño de 2015

Voluntariado 2015

O pasado mércores 17 de xuño entregáronse os diplomas ao alumnado voluntario do IES Carlos Casares. Nun sinxelo acto, enmarcado nunha mañá teatreira, este grupo de mozos e mozas xuntouse para unha xenial foto de familia.


xoves, 11 de xuño de 2015

Campaña Mundial pola Educación 2015

Eu voto pola educación, e ti?

O. Villar | Baixo este lema se presentou o acto central da CME-SAME 2015 o pasado mes de abril en Santiago de Compostela. Nun moi ben organizado acto, celebrado no Teatro Principal compostelán, unha vez máis nenos e nenas foron protagonistas dunha xornada en favor dunha educación para todas e todos.





Cada un dos centros participantes traballou un aspecto determinado. Dende o IES Carlos Casares de Viana do Bolo defendemos a integración no mundo da educación da lingua e cultura propias, escenificando un pequeno episodio da obra Made in Galiza, de Sechu Sende. O grupo participante, integrado por alumnado de 1º de ESO, a Coordinadora de Normalización Lingïística e o Vicedirector do centro, desfrutou dunha xornada festiva que deu, ademais, para unha visita á Compostela histórica e ao Museo do Pobo Galego.



Outra das actividades previstas para este curso foi a presentación do vídeo oficial da campaña de 2015, no que participou o noso alumno Iago e os seus avós, e que podedes ver a continuación.


Graduación de Bachareles 2015

O. Villar | Ai... outra promoción que se nos foi... Eu persoalmente teño que vos dar as grazas por todo, queridos nenos e nenas de 2º de Bacharelto. Por dous anos irrepetibles, por facer que sempre me sentise eu mesmo na vosa aula, por ter participado en tantos proxectos voluntarios, por confiar en min para ese último consello... Sede moi felices...



Entrepaíses: Chaves (Portugal)

O alumnado de PDC de 4º de ESO vén de realizar unha unidade didáctica preparada con dous obxectivos claros: favorecer o desenvolvemento do alumnado nunha contorna diferente e valorar as diferenzas e semellanzas de dúas realidades sociais próximas en moitos ámbitos, a galega e a portuguesa.


Foi posible durante a saída visitar os Museos Arqueolóxico e Militar de Chaves, percorrer o casco antigo, elaborar un pequeno dicionario coas expresións máis habituais na lingua portuguesa e recoller información de prezos de diferentes artículos básicos para eleborar un estudo comparativo.


A atitude do alumnado, de dez. Será un pracer repetir unha viaxe coma esta.


domingo, 7 de xuño de 2015

Intercambio co IES Ramiro II de La robla

Dentro do proxecto 2015digital.es que compartimos co IES Ramiro II de La Robla, León, esta semana pasada, concretamente do 3 ao 5 de xuño, tivo lugar o primeiro desprazamento de alumnado entre centros. Desta vez, un grupo de 15 mozos e mozas de 2º de ESO incorporáronse a diferentes clases TIC no centro leonés en horario de mañá, e tiveron ocasión de coñecer León a fondo en horario de tarde.


Facendo clic no seguinte enlace podedes acceder á crónica que o alumnado participante fixo das xornadas do mércores e do xoves.


Crónica alumnado

Luces e sombras no deporte do centro

P. Cuervo | De forma resumida podemos dicir que pechamos o curso escolar cunha sensación agridoce; pasaron moitas cousas positivas e algunhas negativas. Comecemos polas positivas. O principal aspecto positivo foi a participación do alumnado nos campionatos deportivos. Esta participación reflíctese de forma clara no eido feminino. As nosas alumnas foron de quen de gañar a fase local de fútbol-sala na Gudiña. Ademáis é de subliñar a unión das mesmas de cara a acacar un obxectivo común.


En fútbol-sala os nosos cadetes clasificáronse para xogar a fase provincial, na que participaron como agrupación  deportiva Monterei xunto cos alumnos da Gudiña e repetiron o logro do ano pasado, ¡campións provinciais en cadete masculino!


O deporte máis sufrido foi a fase provincial de bádminton, onde participaron  máis de doce equipos, algúns deles clubes de bádminton como o Athlos. Ainda así o alumnado acadou un 4º, 5º e 6º posto en infantís masculino e un un 5º e 6º en cadetes masculino.

O deporte no que Viana do Bolo (o CEIP Bibei e o IES Carlos Casares) foi máis laureado foi o tenis de mesa. Neste sentido hai que suliñar que o alumnado vianés acadou os primeiros premios en tódalas categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete) tanto masculinas como femininas.

Tamén fomos suar a camiseta una vez máis a Tintores, levando un total de vinteún alumnos e alumnas.


Parabéns polos éxitos deportivos dende o centro. 

Pero tamén houbo sombras no deporte, aspectos negativos que dende o centro temos que denunciar coa intención de mellorar e evitar que se volvan producir. Estamos a falar do mal uso que ás veces se fai do material, neste caso concreto do deportivo. Pomos de exemplo as raquetas de tenis de mesa e de bádminton, material que é do centro e se cede ao alumnado para o seu uso.



Nestas fotos pódese apreciar o mal uso (a cara negra da raqueta de tenis está ademáis de rota, raiada). Tanta culpa ten quen descoida o material coma aquelas ou aqueles que co seu silencio non o critican, calan e tampouco avisan ao profesorado. De seguires así o centro non volverá prestar máis material. Como di o refrán, cada quen ten o que merece. Esperemos que o curso que ben esta situación cambie, para o que pedimos una maior implicación do alumnado e dos equipos de voluntariado.

sábado, 6 de xuño de 2015

Día de Europa, Bélxica (in situ)


T. Yáñez | Do día 14 ao 17 de maio, os alumnos de 4° e 1° de bacharelato de francés fomos a Bélxica, acompañados da nosa profesora Betty. Estando alí, Iago, Lisa, Alba, Andrea, Betty e máis eu, tivemos o pracer de coñecer lugares incríbles de Bélxica coma o Atomium, o Manneken Pis, o Mini-Europa, etc.







Para min, o lugar máis fermoso sen dúbida algunha foi Bruxas, ou mellor dito: Bruges. A cidade namoroume totalmente, xa que é unha cidade na cal as estruturas arquitectónicas mediavais se manteñen intactas e as canles que atravesan a cidade fan a esta única. Foi unha experiencia única, chea de bos recordos e momentos incribles e moi difíciles de esquecer. Grazas a todas as personas que nos axudaron a levar a cabo a viaxe, podo dicir que esta saída foi a mellor que tiven na miña vida.