Hoxe acompañounos Raúl, un compañeiro Santiagués que exerce a docencia nun centro educativo peruano. Chegado ao deserto do Callao (preto de Lima), hai catro anos e a través dunha ong, ten unha morea de experiencias que contar e compartir.
O alumnado de 2º e 3º de ESO tivo a oportunidade de coñecer, de primeira man, a realidade social, cultural e educativa de Perú: a vida nos asentamentos, as dificultades para asistir á escola, a violencia de xénero tan presente a diario, a falta de medios, a polarización da sociedade... A través dunha magnífica colección de instantáneas e o relato acolledor do noso visitante puidemos reflexionar tamén sobre a nosa propia realidade.
Esta actividade enmárcase nun proxecto máis amplo, "Artes e Mares", que pretende crear un espazo común de traballo entre este centro peruano e o IES Carlos Casares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario