A. Rodríguez de Zugasti | O
museo Calouste Gulbekian é un dos museos máis importantes de
toda Europa. O seu nome procede do home de negocios, de
nacionalidade armenia, Calouste Sarkis Gulbekian. O museo
conta cunhas 6.000 pezas pertencentes ás distintas épocas
dende a arte exipcia ata a Arte Nova pasando por pezas
gregas tales como moedas; mesopotámicas, chinesas, pinturas e
mobles do século XVIII...
Ademais
da gran diversidade de pezas coas que conta o museo , as
características destes son, que como motivo decorativo, en
moitas delas , son elementos da Natureza. Tamén debemos
destacar que para Gulbekian , moitos dos obxectos da súa
colección tiñan unha función máis alá da decorativa, pois
usaban os mobles etc. que compraba.
Gulbenkian
caracterizouse por ser unha persoa que quixo que tras a súa
morte todas as pezas da súa colección permanecesen baixo un
mesmo teito, desta maneira nacía o museo Calouste Gulbekian.
Desta
forma pasamos a mañá inmersos nun mar de culturas e
sabiduría en soamente 16 salas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario