A. M. Alonso, R. Jiménez | Esta visita tivo lugar no segundo día da saída a Lisboa de Bacharelato. Hai que dicir que tivemos un contratempo, pois pensabamos que o percorrido para chegar ao palacion só duraba cinco minutos a pé, e a nosa sorpresa chegou cando nos comunicou un paisano portugués que o camiño sería de 45 minutos a pé!
Logo dun longo e duro camiño costa arriba chegamos ao fermoso Palacio da Pena, onde puidemos desfrutar libremente das vistas e das instalacións do museo do palacio. Hai que admitir que mereceu a pena o esforzo que fixemos para chegar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario