Hoxe, 1 de decembro, tivemos a oportunidade de participar na tertulia
literaria organizada polo IES de Allariz, no que a escritora compostela
Inma López Silva respondeu a uns 50 alumnos de Secundaria de Xinzo de
Limia, Maceda, U. Laboral de Ourense, Allariz e a Breogan Rodriguez e
María Montesinos, do noso centro, que amosaron unha gran madurez coas
suas intervencións.
Tivemos a honra de presentar a autora no programa
radiofónico, e Irene e Monse representaron a nosa Biblioteca e Clube de
Lectura. A novela Aqueles días en que eramos malas, plantexa múltiples
temáticas como a perda da liberdade, a victimización da muller, as
diferentes formas de manifestar o amor e o desexo e a morte como
liberación. Foi unha xornada excepcional pola cercania da autora e a
participación activa do alumnado. Grazas como sempre as compañeiras de
Allariz pola sua invitación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario