Despois de xa tres edicións deste certame quizais poidamos falar xa de consolidación. Sen dúbida se trata dun concurso que cada ano goza de máis popularidade e, por que non dicilo, tamén de máis calidade. Como na pasada edición seguimos a insistir en ampliar a nosa oferta e facer que este certame traspase os muros do Instituto IES Carlos Casares de Viana. É, por iso, que esperamos a túa participación. Si, a túa! Non mires para o lado! Saca o escritor que levas dentro e lánzate a encher cuartillas cibernéticas. Seguro que non sabes do que es capaz. Agardámoste!!! Bases da convocatoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario