Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Co motivo da celebración do Día de Europa, o 9 de maio, hoxe tivo lugar unha actividade coordinada polo Departamento de Inglés. As profesoras Mercedes Garrido e Mar Estévez organizaron o Día de Irlanda.
O alumnado da ESO elaborou unha serie de murais que permanecen expostos nos corredores da planta principal, xunto á aula de Informática. Ademáis a partires das 11:15, na Aula Magna Xesús R. Jares, os estudantes de 3º, 4º de ESO asistiron a unha exposición dos seus compañeiros e compañeiras dee 1º de Bacharelato sobre a realidade política, social, cultural e económica da actual Irlanda. Para finalizar proxectouse un video sobre Eire, co que rematou un acto que acercou aos rapaces a unha nazón como Irlanda, tan vencellada culturalmente a Galicia...
OHHHHHHH!! O día de Irlanda!! Como me houbera gustado velo! Noraboa por todo o que estades facendo, que se festival, que se visita á presa do Bao....triunfades! =)
ResponderEliminar