O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 10 de maio de 2011

Día de Irlanda

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Co motivo da celebración do Día de Europa, o 9 de maio, hoxe tivo lugar unha actividade coordinada polo Departamento de Inglés. As profesoras Mercedes Garrido e Mar Estévez organizaron o Día de Irlanda. 


O alumnado da ESO elaborou unha serie de murais que permanecen expostos nos corredores da planta principal, xunto á aula de Informática. Ademáis a partires das 11:15, na Aula Magna Xesús R. Jares, os estudantes de 3º, 4º de ESO asistiron a unha exposición dos seus compañeiros e compañeiras dee 1º de Bacharelato sobre a realidade política, social, cultural e económica da actual Irlanda. Para finalizar proxectouse un video sobre Eire, co que rematou un acto que acercou aos rapaces a unha nazón como Irlanda, tan vencellada culturalmente a Galicia...

1 comentario:

  1. OHHHHHHH!! O día de Irlanda!! Como me houbera gustado velo! Noraboa por todo o que estades facendo, que se festival, que se visita á presa do Bao....triunfades! =)

    ResponderEliminar