O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 5 de outubro de 2011

Ata pronto

Desde que cheguei ás terras da Gudiña e Viana, xa fai un ano, sentinme acollida. E pouco a pouco, cada vez máis feliz e orgullosa de pertencer a uns centros coma o Carlos Casares e o Laureano Prieto.
Foi un privilexio estar con tod@s vós o curso pasado, sodes incribles e especiais. Un equipo de profesorado e de persoal do centro que realmente ama a súa profesión, convertindo o Instituto nun lugar inesquecible. E vós, rapaces, pequen@s tol@s, grande xente da que tanto apredín. Vouvos botar de menos.

Gracias por toda a vosa entrega, por toda a colaboración, a axuda e os bos ratos, por crear ese ambiente xenial que se respira aí. Gracias por estar no coro, os grupos de baile, o teatro e a música, a danza, por todo.

Este curso non vai ser posible que repita a experiencia, pero sei que, dalgún xeito, vos levo comigo, alá onde vaia. E algo de min fica aí para sempre.

As palabras non sempre poden expresar realmente o que un sinte. Aquí queda esta canción.


E non deixedes de tocar, bailar, cantar! Expresade toda esa arte que agroma en vós cada día.

Unha aperta moi grande e ata pronto.

Ilda

Ningún comentario:

Publicar un comentario