sábado, 31 de decembro de 2011
Clubes de Lectura
A Xunta de Galicia resolveu as axudas a Clubes de Lectura. O CL O Gato Samuel contará cunha axuda de 900 euros para as súas actividades de fomento do hábito lector no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.
mércores, 21 de decembro de 2011
Unha felicitación especial
O ministro de Educación, Profesor Angel Gabilondo Pujol, horas antes do seu cese como parte do goberno ten enviado unha agarimosa felicitación a toda a comunidade educativa do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, agradecendo o traballo e as convicións da nosa comunidade en prol da educación.
Entrega do premio BBVA en Madrid
Vén de facerse efectiva a entrega, por parte do BBVA, do premio de 30 000 € para favorecer o desenvolvemento da UE Timoteo Rondales e toda a comunidade de Bermejo.
Ler máis...
Ler máis...
Festival de Nadal
Ovidio Villar, Viana do Bolo. Mañá intensa no IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Primeiro prato, a final do torneo de futbiño. Goles de excelente factura, paradas de infarto, igualdade absoluta e FairPlay con maiúsulas. Ao final, decidiron os sempre inxustos penaltis.
Paco executa un lanzamento ante a atenta mirada Sara, que agarda o rexeite |
A mañá foi avanzando ao tempo que a Casa da Cultura se ía enchendo de xente. O grupo de teatro Talía (IES Carlos Casares) amosounos a súa versión da Carrapuchiña Vermella e desexounos un feliz 2012 dunha forma sinxelamente emocionante.
O grupo Talía, sobre a tarima, coma peixes na auga |
Entre actos, fíxose o sorteo das cestas de Nadal, estando unha das agraciadas entre o público asistente. Boa forma de comezar as festas.
martes, 20 de decembro de 2011
Torneo de futbiño
O mellor remedio para combater o frío
No patio do IES e no Pavillón Municipal de Viana. Onte e hoxe. Futbiño de calidade. Equipos mixtos alumnado-profesorado. E mañá a gran final!!!
Clic aquí para acceder á galería de imaxes |
luns, 19 de decembro de 2011
Congreso Estatal de Convivencia Escolar e Jaén
Luis Crende e Carlos Ferreiro, profesores do IES Carlos Casares tivemos a fortuna de poder representar ao noso centro no Congreso Estatal de Convivencia Escolar, que se celebra en Jaén os días 15, 16 e 17 de decembro. Neste Congreso estanse a debater e presentar experiencias de toda España con respecto a temáticas como a Educación para a Paz, a Cooperación para o Desenvolvemento, a Mediación Escolar, o Voluntariado, etc. A nosa aportación consiste nunha comunicación que figurará nas Actas do Congreso titulada "La senda de la convivencia del IES Carlos Casares", asinada polos catro membros do actual equipo directivo, que recollen ademais o sentir, o esforzo e o traballo de moitos compañeiros do instituto actuais e pasados. Todos estades pois, representados en Jaén.
L. Crende e C. Ferreiro con Manuel Dios, Presidente do Seminario Galego de Educación pola Paz |
Codesenvolvemento en Burgos
Novas dende Burgos, onde Luis Fernández, Director do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, participou no "Encuentro Transnacional de Codesarrollo" compartindo o proxecto levado a cabo coa escola irmanada con este IES, a UE Timoteo Rondales de Bermejo SC, Bolivia.
mércores, 14 de decembro de 2011
Obradoiros de consumo da Escola Galega de Consumo
Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Nesta mañá do 14 de decembro, recibimos no IES Carlos Casares a visita de varias técnicas do Instituto Galego de Consumo que viñeron a desenvolver o Programa InfoconsumoNadal. Esther Álvarez, Directora da Escola Galega de Consumo aproveitou para planificar actividades futuras co noso centro; mentres, Vanessa Alvite, Patricia Rey e Asun Piñeiro traballaron durante dúas horas con todo o alumnado da ESO para concierciarnos da importancia de saber escoller nestas datas marcadas polo consumismo desaforado.
O obradoiro organizado para 1º e 2º da ESO titulouse “O uso axeitado dos videoxogos”, e incidiu nos aspectos de buscar unha selección lóxica de contidos, un reparto de horas de xogo racional, e as ventaxas e tamén inconvintes de este instrumento de ocio.
O obradoiro organizado para 1º e 2º da ESO titulouse “O uso axeitado dos videoxogos”, e incidiu nos aspectos de buscar unha selección lóxica de contidos, un reparto de horas de xogo racional, e as ventaxas e tamén inconvintes de este instrumento de ocio.
Proxecto Libros Dixitais
Esta semana tivo lugar en Santiago de Compostela a segunda reunión de seguimento dos 8 centros educativos de Galicia que estamos cambiando os libros en papel polos libros dixitais en 1º de ESO. A reunión, presidida polo director xeral de Educación, José Luis Mira Lema, serviu para poñer en común algúns dos principais atrancos e xeito de solucionalos. Alí estiveron, José Fouz e Luis Fernández, en representación do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. O encontro foi satisfactorio, e todos os centros piloto manifestaron o positivo de estar neste grupo que está a experimentar en primeira liña os cambios que supoñen as novas tecnoloxías.
martes, 13 de decembro de 2011
Coa promoción de 2011
Agradable reencontro no comedor universitario de Filoloxía en Santiago e posterior chocolatada, aproveitando unha reunión na Conselleria do proxecto piloto de libros dixitais. Pedro (Filoloxía), Álvaro (Políticas), Pablo (Física). Luis Fernández e Jose Fouz.
De esquerda a dereita: Luis, Pedro, Pablo e Álvaro. Fouz á camara. |
sábado, 3 de decembro de 2011
Premios a Proxectos Solidarios BBVA
A Unidade Educativa Timoteo Rondales (Bermejo SC - Bolivia), escola irmanada co IES Carlos Casares de Viana do Bolo, verá realizado o proxecto de implantar a formación profesional no centro educativo. A iniciativa de Lucía Prieto e "Escuelas de la Tierra" será financiada con 30000 €, concedidos pola oficina de voluntariado BBVA nos Premios a Proxectos Solidarios. Ademais, as mulleres desta comunidade boliviana poderán conseguir moitos dos seus obxectivos grazas aos microcréditos financiados pola mesma entidade.
venres, 2 de decembro de 2011
XIV Congreso Estatal de Voluntariado
O IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de participar nesta xuntanza do voluntariado, celebrada na Coruña durante os pasados 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.
xoves, 1 de decembro de 2011
Día da SIDA
Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. No dia de hoxe, o instituto IES Carlos Casares de Viana do Bolo conmemorou o Dia da Sida, baixo tres premisas básicas para a loita contra esta enfermidade: o acceso á información, a prevención e o respeto ás persoas infectadas polo VIH. Polos corredores do IES repartíronse trípticos informativos e pegatinas, material facilitado pola Consellería de Educación.
(Clic sobre a imaxe para ampliala)
(Clic sobre a imaxe para ampliala)